lunes, 5 de noviembre de 2012

Celebramos o Samaín-Halloween


 Hoxe disfrutamos dunha xornada do máis divertida! As aulas enchéronse de morcegos, bruxas, vampiros e cabazas ben pintorescas...
 Ademáis decoramos camisetas terroríficas, degustamos doces típicos do día, cunha elaboración verdadeiramente abraiante. Agradecemos ás familias a colaboración prestada (aínda estamos fascinados...). Pasámolo de medo coa festa no patio e fixemos a nosa particular homenaxe ao director Tim Barton co visionado dalgunha das súas  fantásticas películas.
  Dende 3º EP ata 1º da ESO fixeron moitos traballos orixinais e moi vistosos ¿Queredes velos?