martes, 22 de noviembre de 2011

Saída a Chelo.




O pasado luns día 21 de novembro, os rapaces de 1º ciclo de E.P fixeron unha saída a Chelo para achegarse e disfrutar de fermosos itinerarios cercanos, e nalgúns casos, descoñecidos para eles.


Comezaron cunha visita a Aula de Natureza equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga. Puideron aprender acerca das especies de flora e fauna do lugar, os usos da auga, o proceso de depuración e o funcionamento dun muíño. Os educadores ambientais que nos guiaron en todo momento díronnos a información necesaria sobre o contorno, as especies..e resolveron amablemente todas as dúbidas dos pequenos.


E fermoso ver os ollos dos meniños cando ven voar unha garza, descobren pisadas, observan as diferentes setas, acebos, ruscos, arándanos, fieitos xigantes...coas suas lupas, os prismáticos...e unha chea de ilusión. Ás veces hai que abrir moi ben os olliños para descubrir realidades tan fermosas e tan pretiño da casa. Tamén e unha sorte para os mestres redescubrir estas realidades a través dos nenos porque así todo é máis fermoso.