martes, 8 de noviembre de 2011

MAGOSTO


O 11 de Novembro, disfrutaremos do tan preciado magosto escolar.
Adornaremos o centro, realizaremos traballos, escribiremos poesías e moitísimas actividades máis. Dende hai uns días, os alumnos están a traer as famosas "castañas dentadas" para poñelas a secar.


 A continuación, asaranse no centro, nos nosos tradicionais e particulares fornos, de maneira que coa axuda dos máis maiores todos poidan apreciar o método. Tamén na asadura temos que agradecer a súa colaboración á "PANADERÍA LA RIBERA", quenes ano tras ano fan posible esta festa.
A música típica celta acompañará este día tan festeiro.

Como é de esperar, os nosos alumnos (que están moi ben ensinados) contribuirán a que todo quede en orde para o  día seguinte.

    ¡¡¡DÁDELLE CASTAÑAS AO CASTAÑEIRO, QUE AS ASARÁ CON SALEIRO!!!