jueves, 13 de noviembre de 2014

X XORNADA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O 12 de novembro tivo lugar en Santiago a X Xornada de Dinamización Lingüística organizada por "Escolas Católicas" e que contou coa presenza de Xosé Francisco Martínez Reboiras, Secretario Autonómico de  FEREGA-CECA e de Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística.



Na xornada, a escritora e académica FINA CASALDERREY foi homenaxeada por ser creadora de ilusión na literatura infantil e xuvenil. 

A autora agradeceu á organización o importante pulo que supón o PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO, que  ela coñece moi ben por telo gañado en varias ocasións. 

Emocionouse especialmente cunha curtametraxe protagonizada por rapaces de distintos centros de FEREGA.



A continuación desenvolveuse unha mesa redonda sobre “A muller na cultura galega” na que, xunto á homenaxeada, interviñeron MARÍA SOLAR (xornalista da TVG), ROSA CORRAL (Asociación de Executivas de Galicia) e ENGRACIA VIDAL (profesora e fundadora da revista Encrucillada de pensamiento cristián), quen aportaron candansúa visión profesional sobre o pasado e o presente da muller na sociedade.


De esquerda a dereita, Rosa Corral, María Solar, Fina Casalderrey e Engracia Vidal


.