sábado, 25 de octubre de 2014

TEATRO

    O pasado martes 21 e mércores 22 de outubro, os alumnos de EI (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º EP, asistiron a unha representación teatral na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo de Betanzos. Os pequenos de Educación Infantil puidieron disfrutar da obra titulada "Chincha rabincha", da compañía A Xanela do Maxín, espectáculo orixinal no que se mezclou a maxia e o mundo real. Entrelázouse desta maneira, as vidas dun pallaso paroleiro, dun bruxo pintor de soños e dun pequeno para acabar cos pesadelos que atormentan aos nenos e nenas polas noites. Unha historia onde se fomentou a seguridade nun mesmo e valores tan fundamentais coma o respeto, a tolerancia ou a paz, nun espazo onde a imaxinación e o enxeño foron as ferramentas que se utilizaron para recuperar a pizarra dos soños do "Bruxo Soñaban".
 
 
                                                                              
 

    Pola outra banda os alumnos de 1º e 2ºEP, aisitiron á obra "A figueira do demo", da compañía Títeres Cachirulo, espectáculo baseado na obra de Roberto Vidal Bolaño Romance dos figos de ouro, no que se contou a prodixiosa e certa historia dun Meco que houbo no Grove.
    Fantoches de gran tamaño feitos de madeira, evocando as imaxes do románico, mesturadas con fortes expresións e unha evocación do mundo da infancia, foron as encargadas de contar esta historia cun soporte musical en directo que foi creando clima e cancións nos distintos cadros da peza. Foi una obra con moitos personaxes e un trepidante ritmo escénico.