O pasado 9 de Xuño os alumnos de Educación Infantil 5 anos celebraron a súa graduación. Foi un acto moi emotivo para todolos pais e familiares que os acompañaron nun día tan especial, no que os alumnos foron os verdadeiros protagonistas. Tódolos rapaces puideron demostrar todo o que aprenderon a través dun poema que eles mesmos recitaron. No mesmo foilles entregado a cada un deles o seu diploma "acreditativo" así como, cada nai foi agasallada cunha flor: "a unha flor hai que sembrala, regala, coidala para finalmente vela medrar". Os nosos nenos e nenas son para nos coma flores, aos que temos que coidar e axudar a medrar.
O acto rematou cunha pequena merenda onde todos puidemos disfrutar dun rato moi agradable.
NORABOA A TODOS ELES