Logo de traballar arreo na área de investigación
sobre este ancestral costume, os maiores encargáronse de facer os preparativos
dende primeira hora da mañá para que estivera todo a punto.
Este ano, ademais, estreamos os novos queimadores que
puxo a ANPA á nosa disposición.
Os nosos invitados italianos participaron como os que
máis e non quixeron perder detalle da festa.
Todos, cativos e maiores, demos boa conta da colleita
de castañas deste outono que, por certo, estaban boísimas!!
MENTRES UNS ASABAN...
...OUTROS REPARTÍAN...
....E TODOS AS COMÍAN.
OS NOSOS ITALIANOS AXUDARON MOOOITOOOO. |
AO FINAL... AS MÁIS LIMPAS DO COLEXIO? A PINTA O DI TODO...
...MENOS MAL QUE CHEGARON OS REFORZOS...
Un ano máis o EDLG agradece a vosa axuda para que isto sexa posible. Agradacemos a colaboración da ANPA, dos mestres do centro e do pai de Xoán Afonso (3º EP) por facer posible esta festa.