sábado, 15 de diciembre de 2012

CONCERTO DIDÁCTICO PARA E.P

 O vindeiro luns 17 de decembro, ás 12:30 horas ,terá lugar no noso Centro un concerto didáctico por conta do grupo musical SON +D2 para os nenos e nenas de E.P. Esta actividade está organizada  polo Concello de Betanzos e forma parte do Programa de Festexos de Nadal da nosa cidade.
SON + D2 é un trío acústico no que unha guitarra, dúas voces e  a percusión ( pandeireta, tamboril, tumbadoras, bongós, caixón, pandeiro,bendhir...) mistúranse dun xeito tradicional e experimental.
 Ofrecen a posibilidade de facer un concerto didáctico para achegar a os nenos e nenas ó mundo da música e da creatividade amosándolles dun xeito interactivo os diferentes instrumentos e ritmos do mundo,   con cancións en directo e xogos participativos.