viernes, 9 de diciembre de 2011

¿COMO SE FAI O PAN?

 O día 9 de decembro os alumnos/as de 5º EP asisten no salón de actos do Centro a unha charla lúdico-pedagóxica sobre a  ELABORACIÓN DO PAN ARTESANAL.
 Nesta ocasión contamos cunhas invitadas moi especiais, ás que lles agradecemos a súa colaboración: a avoa e a nai de José Antonio Lage Varela (5º EP) encargadas de dar a charla. Amosáronnos  o desenvolvemento do proceso a través dunha gravación realizada por elas mesmas e que resultou dun gran lecer e aprendizaxe para o alumnado.
   Ao final houbo unha degustación, un boliño para cada neno, elaborados previamente e dos que gozaron todos con moito agarimo. Aquí temos unha mostra.
Aproveitamos para animar a todos os familiares ou achegados dos nosos alumnos a que veñan ao noso centro a ensinarnos o que mellor saiban facer. Os alumnos aprenderán dunha maneira diferente e valorarán o traballo dos demáis. Podedes contactar co titor de cada alumno en cuestión.