jueves, 10 de mayo de 2012

A hortiña está en marcha!!!!

 Os nenos/as de 1º de E.P por fin puideron plantar na súa hortiña. O tempo non se portou moi ben polo de  agora así que decidimos plantar en testos nunha zona cuberta ata que mellore un pouquiño.
 A actividade é moi interesante, plantamos leitugas, tomates, pementos, cabacín,  margaridas de cores e gladiolos. Todos eles diferentes nas súas necesidades e coidados para que coñezan distintos tipos de sementes e plantas.
 Estamos moi ledos e ilusionados e queremos compartílo con vos!!!!!!