viernes, 25 de mayo de 2012

Concerto didáctico para Educación Infantil.

 No presente curso 2011/2012 o noso Colexio foi seleccionado para participar dentro do programa educativo “DESCUBRIR A MÚSICA”, que a Orquestra Sinfónica de Galicia organiza tódolos anos. Os alumnos/as de Educación Infantil asistirán o  día 24 de maio ó Concerto Didáctico “ROMEO Y JULIETA”, no Palacio da Ópera da Coruña."Romeo y Julieta" - A maxia dos títeres no  ballet de Sergéi Prokófiev. As marionetas desenvolven a acción sobre a música descriptiva de Sergei Prokofiev que dará en cada momento a tensión dramática a cada escena. 
  A actividade realizaráse dentro do horario escolar e considérase de gran valor educativo.
 Esta saída estaba programada para unha data anterior pero aplazouse para o mes de maio por razóns axenas ó Centro polo que os nenos terán duas saídas seguidas . As mestras estaban un pouquiño preocupadas pero seguro que para os máis pequechos non supón ningún problema,van a disfrutar e a aprender moito!.
 Unha vez realizada a actividade colgaránse fotos para que as familias poidan disfrutar do momento.


Aquí están as fotos do felíz día.
Foi unha experiencia  moi emotiva e aprendimos a sentir a música moi dentro, do mesmo xeito que vemos as imaxes;
¿ A que estamos guapos/as?