jueves, 13 de junio de 2013

EUCARISTÍA FIN DE ETAPA (6º EP)

Os alumnos de 6º EP  prepararon onte unha eucaristía para despedirse do seu paso por Primaria. Atrás deixan moitos momentos e recordos e se enfrentarán a cambios, pero con alegría e esforzo seguirán facéndoo igual de ben que ata o momento. 
A eucaristía foi  moi emotiva xa que escolleron lecturas, peticións  e oracións moi  adecuadas ao tema central da Eucaristía. 

Aquí deixo unha copia dunha das oracións que eles leron:


"Xesús, xa chegan as vacacións:
están aí, á volta da esquina.
Ti sacara-la do cofre das grandes
sorpresas e ofrecéronolas
coma un regalo máis,
entre os moitos que nos fas.
Ensínanos a vivir todas as oportunidades 
para facernos máis persoas, 
máis amigos teus,
que e-lo amigo que nunca falla.
Gracias polo don da amizade."

¡MOITA SORTE A TODOS!