domingo, 10 de junio de 2012

TRABALLOS MARCELLE - Educación Infantil.

Os nenos e nenas de E.I aprenderon tantas cousas na saída a Marcelle levada a cabo recentemente, que decidiron facer un traballo temático no que queren compartir con todos os coñecementos adquiridos.
  Cada neno elexiu un animal, aquel que máis lle gustou, e buscou  información na casa coa colaboración da familia. Algúns traballos estaban moi ben elaborados polo que se decidiu facer unha pequena biblioteca aberta a todos.
 Xuntáronse na clase de 3 anos e todos xuntos fixeron carteis de cada animal , picaron, recortaron e puxeron por escrito a información obtida.
 Queremos darlle os parabéns a alumnos e mestras e as grazas ás familias pola colaboración obtida. Foi unha fermosa experiencia.